O Bloque propón que os emigrantes non voten en autonómicas

martes, 25 de diciembre de 2007

E.P.
O BNG proporalles a PSOE e PP limitar o dereito de votación dos residentes ausentes ás eleccións xerais e europeas, co que non poderían participar nos comicios autonómicos nin nos municipais.
Así o acordou onte por unanimidade a Executiva Nacional do BNG, segundo confirmou o seu coordinador, Francisco Jorquera, quen avanzou que "esta semana" trasladará a populares e socialistas a formulación nacionalista para reformar a lexislación electoral en relación aos residentes ausentes.
Francisco Jorquera entende que a súa participación "en comicios autonómicos sería anómala e antidemocrática", dado que forman un número moi numeroso que terían unha influencia decisiva "sen manter vínculos" con Galicia.
O Bloque tamén establece limitacións para poder votar os non residentes ás xerais ou europeas, neste caso aos que nacesen ou residisen un mínimo de anos en territorio español, sempre e cando non teñan recoñecido este dereito no país da súa residencia.
Por outra banda, Jorquera sinalou que o BNG formulará "un cambio do actual sistema para que se cree unha circunscrición electoral propia para os residentes ausentes nos comicios ás Cortes Xerais".

0 comentarios: