O PPdeG PROPÓN QUE O DEBATE DOS TRES LÍDERES POLÍTICOS GALEGOS SE CELEBRE NA TELEVISIÓN INDEPENDENTE QUE SE CONSIDERE, POLA FALLA DE TRANSPARENCIA DA TVG
• O PP aceptou tódalas condicións e só solicitou pechar o debate, por ser o partido maioritario
• O PSOE rompe o consenso alcanzado nas eleccións municipais para os debates
• Antes de iniciarse as conversacións co PPdeG, o PSOE pechou coa dirección da TVG o sitio, a hora, o moderador, a cor e diseño do escenario
• O PSOE rexeita recoñecer a proporcionalidade que establece a lei e a Xunta Electoral como criterio para a cobertura informativa das eleccións xerais
Santiago, 25 de febreiro de 2008. O Partido Popular de Galicia propón que o debate dos tres líderes políticos galegos se celebre na televisión independente que se considere, pola falla de transparencia da TVG. Como por exemplo Antena 3, Telecinco, Correo TV, Localia, Telesalnés, Telemiño, Televigo...
Touriño, cunha persoa interposta, o director xeral da CRTVG, impuxo as súas condicións.
Antes de iniciarse as conversacións co PPdeG, o PSOE pechou coa dirección da canle pública as condicións para o desenvolvemento do debate, como o sitio, a hora, o moderador, a cor e diseño do escenario.
O PPdeG aceptou todas estas imposicións, e só solicitou pechar o debate, por ser o partido maioriario. O PSdeG rechazou esta petición, rompendo así o consenso alcanzado nas pasadas eleccións municipais sobre os debates, xa que todos foron abertos e pechados pola forza más votada.
O PSOE se nega a recoñecer a proporcionalidade que establece a lei e a Xunta Electoral como criterio para a cobertura informativa das eleccións. Esta proporcionalidade se basea no número de votos obtidos por cada forza política nas últimas eleccións xerais no ámbito territorial de Galicia. O PPdeG foi o partido máis votado e o que obtivo máis escanos.
0 comentarios:
Publicar un comentario