Quixera, en nome do Partido Popular de Galicia, expresar a nosa condena máis rotunda polo morte de Isaías Carrasco a mans dos asasinos terroristas.
Os únicos culpables deste día de luto son os terroristas.
Quixera expresar o meu sentido pésame á súa familia, amigos, veciños e a todos os galegos e españois que queren a liberdade.Síntoo moitísimo polas súas dúas fillas e polo seu fillo.Quixera expresar a miña solidariedade ao Partido Socialista polo asasinato do seu ex concelleiro en Arrasate-Mondragón.Sentimos a súa morte coa mesma dor que se fora un compañeiro noso, e así llo acabo de expresar ao S.X. do PSdeG-PSOE, o señor Pérez Touriño.As Forzas de Seguridade do Estado teñen todo o noso apoio e toda a nosa confianza para acadar que os responsables deste asasinato paguen polo que fixeron.Os terroristas non poden condicionar a liberdade das persoas. Eso foi o que pensamos, e seguiremos pensando sempre no PP de GaliciaAs organizacións totalitarias que son os terroristas non van marcar a nosa contribución á democracia, porque nos si cremos na democracia.Os terroristas non poden condicionar nunca a aplicación da Lei.Os terroristas non acadarán NUNCA ningún dos seus obxectivos. O Estado de Dereito e a democracia é moito máis forte que eles.ETA é a mesma banda asasina e cruel desde o primeiro día que se formou, e foi a mesma banda asasina durante estes últimos anos. Cada día, ETA ten o mesmo na súa axenda: asasinar.Polo que ETA vai ser derrotada entre todos. É o seu único final posible.O sentido común e a calma deben marcar a nosa dor como mostra de unidade.NON A ETA, SI A LIBERDADE.
0 comentarios:
Publicar un comentario